viernes, 29 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO


O 25 de novembro no noso colexio celebrouse o día da Violencia de Xénero.
Onde realizamos varias actividades, como por exemplo escribir unha frase motivadora, vir con algo morado ao colexio...

Algunhas das frases motivadoras foron:

- Se ti loitas, todas loitamos.
- Vamos muller non te rindas.
- Xuntas somos máis fortes xuntas acabaremos con isto.
- Sal da túa habitación que ninguén manda en ti.
- Non soportes máis.
- Vamos muller non te deixes caer na tentación.
- Ti eres a que decides.
- Ti podes acabar con isto.
- No te deixes caer no amor que te engana: 1º escóitao, 2º pénsao e 3º faino. 



viernes, 22 de noviembre de 2019

SAÍDA POLO POBO

O mércores día 20, fixemos unha pequena saída á casa da cultura.
Acompañáronnos os compañeiros de 4º, 5º e 6º tamén do noso centro e do CEIP Arzúa a ver unha obra de teatro, que nos gustou moito, pero non a rematamos de entender.
Pasámolo estupendamente!!!





viernes, 15 de noviembre de 2019

COÑECEDES OS NOSOS MOSAICOS


Na clase de plástica estivemos a traballar os mosaicos. 

Utilizamos trozos de papeis de xornal e revistas para 

confeccionalos.

Queredes velos? Son todos animais menos un que é un satélite 

amarelo. Intentádeos adiviñar todos!!! 













viernes, 8 de noviembre de 2019

Corte de pelo


A nosa mascota, "Manolito", pasou hoxe pola perruquería. Precisaba dun corte de cabelo. Mirade que guapiño quedou. 



 

O DESPOIS














martes, 29 de octubre de 2019

O Magosto


No día de hoxe celebramos o magosto. Mágoa que chovera, xa que non poidemos facer algunha das actividades. De todas formas desfrutamos nas aulas das ricas castañas e dos contos e representacións dos alumnos de Secundaria.



domingo, 27 de octubre de 2019

Saída a buscar castañas.


Hoxe luns, fixemos unha saída acompañando aos rapaces e rapazas de Infantil a recoller castañas. Foi unha sesión moi proveitosa, onde compartimos unha experiencia cos máis pequenos do colexio. Estamos esperando que chegue o mércores para degustar esas ricas castañas asadas.





viernes, 25 de octubre de 2019

Traballamos a Natureza


Na materia de Naturais, xunto cos compañeiros de 5º E.P. estamos a traballar os animais, plantas, células, os 5 reinos e os ecosistemas, por medio de maquetas e curiosidades que despois imos expoñer para todos.
Gústanos moito coidar da natureza e descubrir cousas novas sobre estos temas ¡¡¡¡¡¡






lunes, 21 de octubre de 2019

PROXECTO CIENCIAS SOCIAIS


Na materia de Ciencias Sociais estamos a traballar a HISTORIA. Estamos a ver as diferentes épocas ademais de sucesos que ocorreron: GUERRAS, REVOLUCIÓNS... mediante maquetas, fotografías, detalles e curiosidades.
Cando o rematemos esinarémolo e explicarémolo alto e claro.





martes, 15 de octubre de 2019

Unha de moitas


O martes día 15 fixemos a primeira saida do curso acompañados dos nosos compañeiros de 5º de primaria. Dirixímonos a Santiago de Compostela a ver dous museos, o Gaiás e o MUPEGA onde fixemos xogos con palitroques, aros e pezas de goma espuma. Logo, vimos como eran as escolas antigas. Despois de ver e facer todo iso fumos comer e ao  acabar uns poucos xogos e xa rumbo a Arzúa.
E así foi a nosa primeira saída.





lunes, 7 de octubre de 2019

A patroa do noso colexio


O 7 de Outubro fixemos a Festa no noso colexio. Primeiro coloreamos unha pegatina coa Virxe do Rosario,  tivemos un pouco máis de recreo e fixemos unha pequena comilona cos de 5º,  cun biscoito
de galleta !!!
Pasamos un día marabilloso.




domingo, 6 de octubre de 2019

Comezamos o Blog



A nosa clase avanza mediante o tempo, pensabamos que íamos ser pequenos para sempre pero xa estamos ao carón da ESO !!!





viernes, 4 de octubre de 2019

Os 9 de Sexto


Moi boas, somos un pequeno-gran grupo de 9 nenas e nenos que formamos a clase de 6º EP. Durante este curso queremos vivir grandes experiencias, traballar en novos e bonitos proxectos e aprender moito. 



E COLORÍN COLORADO, ESTES CURSO TAN "DIFERENTE" REMATA.

Bos días. Hoxe é un día de felicidade e tristeza a mesma vez. Por unha parte contentos de que este curso tan atípico remate para poder desc...