lunes, 30 de marzo de 2020

Traballo do 30 marzo ao 3 abril (2ª parte)

Aquí vos deixo o resto de traballo das demais materias.

MATEMÁTICAS

RELIXIÓN

Tamén se vai abrir uns temas en Edixgal para que vaides traballando.

INGLÉS: Abrirase a seguinte unidade para que vaiades traballando. Debedes ir facendo o que se vos mandou anteriormente, máis que nada para non quedarse atrás de cara á volta.

ED. FÍSICA

MÚSICA:  Ademais de tocar as pezas que fostes aprendendo durante o curso coa frauta, que fagades un pequeno traballo de investigación, documentación ou audición sobre a vida e obra de Beethoven. Sabedes que se conmemora o 250 aniversario do seu nacemento?
Proponse que traballedes na novena sinfonía e escribades, debuxedes e poidades expresar todo aquilo que vos fai sentir a escoita desta.
Podedes realizar collage, debuxos, expresión corpora, modelar... moito ánimo!!


PODEDES MANDAR O QUE VAIADES FACENDO PARA IR CORREXINDO. O DE EDIXGAL IRASE CORREXINDO NA PLATAFORMA (MIRADE AS CORRECCIÓNS) OU ENVIARASE A CORRECCIÓN UN POR UN.

GRAZAS E MOITO ÁNIMO.

VÓTASEVOS DE MENOS.

Traballo do 30 de marzo ao 3 de abril (1ª parte)

A continuación teredes os enlaces co traballo a realizar das diferentes materias. 
Este traballo vaise ter en conta no proceso de formación do alumno.
Podedes facelo no caderno, folios ou se queredes intentar facelo no propio documento que subirei e despois mandarmo ao meu correo xa sexa co propio documento ou foto do traballo feito (podedes mandalo desde o correo do blog de aula que sabedes acceder a el) para ir correxindo.

Todo o traballo que se queira mandar para correxir podedes mandalo directamente ao correo da aula. Grazas.




LENGUA CASTELLANA

LENGUA CASTELLANA (modificación) Hay un documento aquí neste enlace que corresponde cunhas preguntas do último texto, que no documento anterior non aparecían. Disculpade.


NO CASO DE PLÁSTICA PODEDES MANDARME UNHA FOTO COS VOSOS TRABALLOS.



O traballo correspondente á quincena anterior deixádelo e facedes este. 


Déixovos un pequeno audio da miña parte.  Audio Andrés

Un saúdo enorme.




viernes, 27 de marzo de 2020

MANUALIDADE FEITA POR UNHA COMPAÑEIRA


Moi boas rapaces e rapazas. Hoxe mostramos unha manualidade realizada pola vosa compañeira Noa, que quere compartila con todos.

Moitas grazas Noa por facer estes marabillosos broches.







E recordade:" Se hai que parar o mundo, párase. O que importa é que cando volva arrancar todos estemos aquí". 

Moito ánimo.


martes, 24 de marzo de 2020

Retos... Anímaste a facelos?


Bos días. Aquí vos deixo unha serie de retos semanais que podedes ir facendo e compartir con todos os compañeiros.





E se vos propoño uns retos diarios? Animádesvos? Eu sí...

MARTES: somos parte da historia...
Que vos parece se deixamos por escrito unha breve redacción en galego ou castelán do que está a acontecer estos días, as vosas rutinas, os vosos sentimentos, inquedanzas...? Podedes gardala nunha caixiña ou nun lugar segredo e dentro dun tempo podedes buscala e volvela a ler... como unha máquina do tempo.


MÉRCORES: somos uns artistas...
Hoxe estamos máis creativos que nunca... poderiades facer un debuxo / composición con temática libre e con materiais que teñades pola casa, materiais de refugallo...? Deixade voar a vosa imaxinación, eu confío en vós, TODOS E TODAS LEVAMOS UN XENIO DENTRO.


XOVES: é hora de xogar e aprender...
Que vos parece se inventamos un xogo para toda a familia?
Escribide todas as regras e describide os materias necesarios para xogar, fichas, taboleiro,...


VENRES: a fin de semana está pretiño e con ela o tempo das lambonadas...
Podedes propoñer unha receita (doce ou salgada)? Non esquezades anotar os ingredientes e as cantidades necesarias... Ñam, ñam, ... XA ARRECENDE


Non esquezades que estes retos son suxestións, se vos animades e queredes enviar fotos para compartir cos compis enviádesmo e eu o subo ao blog de aula.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Mércores 18 Marzo 2020


Bos días rapazas e rapaces. Como levades estes días diferentes?

A continuación subo un documento con ditados en castelán que podedes facer coa axuda da vosa familia.

Á hora de correxilos podedes facer 5 oracións con cada unha das palabras mal escritas ou facer unha breve historia coas palabras erróneas. Se se vos ocorre algunha outra opción que se vos ocorra facédeo...

Moito ánimo e vémonos en nada.

Un saúdo.

DITADOS

viernes, 13 de marzo de 2020

E COLORÍN COLORADO, ESTES CURSO TAN "DIFERENTE" REMATA.

Bos días. Hoxe é un día de felicidade e tristeza a mesma vez. Por unha parte contentos de que este curso tan atípico remate para poder desc...