miércoles, 27 de mayo de 2020
EXPLICACIÓN SOCIAIS E NATURAIS
Bos días. Para os que non estivestes na videochamada deixo unha pequena explicación do que falei sobre o traballo de sociais e naturais.
SOCIAIS: expliquei basicamente o que vai na folla que pon explicación do que é cada un dos termos.
Se eu creo un negocio teño que INVERTIR cartos nel para abrilo. A partir de aí pode xerar BENEFICIOS (os cartos que gaño, descontando os gastos) ou PÉRDIDAS ( os gastos son superiores ao que ingreso).
Vou INGRESAR (cartos que gaño da venda dos productos) e GASTOS (luz, auga, alquiler, soldo traballadores...)
E finalmente podo ter AFORROS, que virían sendo uns cartos que eu destino para un imprevisto ou para unha inversión. Se eu teño un beneficio de 1000€, podería sacar 500€ que tería aforrados para necesidades varias e os outros 500€ para gastos da empresa.
En relación ao exercicio sobre poboación, pensade que hai varios motivos que conlevaron ao longo dos anos un aumento ou disminución da poboación. Esto último estamos a vivilo agora con esta pandemia, pero en anos anteriores pasaron máis cousas que provocaron iso.
Por outra parte, a poboación, se nos decatamos ben, está situada máis en grandes cidades ou en zonas máis costeiras (non polas praias). Hai algúns motivos que levan á poboación a moverse a esos lugares.
------------------------------------------------------------------------
NATURAIS
Tanto para os cambios de estado como para cambios físicos e químicos da materia habería que facer como un ANTES e un DESPOIS, para demostrar ditos cambios.
Nos cambios de estado menos a sublimación, que vai ser bastante difícil facelo dos demais podedes facer calquera porque son moi sinxelos.
Igualmente pasa cos cambios físicos e químicos. MIrade ben porque estes últimos pódense facer con cousas que temos por casa, como por exemplo, nalgunha ocasión teño usado vinagre, bicarbonato e colorante vermello, para simular a erupción dos volcáns.
Xa por último no relacionado con circuíto eléctrico, co que se teña por casa intentade facer un circuíto e o que pide a actividade.
VEÑA MOITO ÁNIMO QUE O CONSEGUIREDES.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
E COLORÍN COLORADO, ESTES CURSO TAN "DIFERENTE" REMATA.
Bos días. Hoxe é un día de felicidade e tristeza a mesma vez. Por unha parte contentos de que este curso tan atípico remate para poder desc...

-
Bos días. Hoxe é un día de felicidade e tristeza a mesma vez. Por unha parte contentos de que este curso tan atípico remate para poder desc...
-
Boas tardes. Como falamos na videochamada imos ir preparando unha presentación para darnos a coñecer aos profesores/profesoras de ESO. É al...
-
Para os que non vos poidestes conectar o outro día na videochamada, o que se tratou foi o seguinte: diferencia entre área e perímetro. PE...
No hay comentarios:
Publicar un comentario