miércoles, 27 de mayo de 2020

EXPLICACIÓN MATEMÁTICAS ÁREAS E PERÍMETROS.


Para os que non vos poidestes conectar o outro día na videochamada, o que se tratou foi o seguinte: diferencia entre área e perímetro.

PERÍMETRO: é a suma de todos os lados.






ÁREA: é a cantidade de superficie que ocupa.







Neste caso a área desta figura sería b.a= 8.4= 32 cm2 (se contades o número de cadrados que hai sería igual ao resultado)

Para calcular perímetro e área tedes unhas fórmulas, nas que teríamos que sustituír as letras por números, segundo nos indica a folla da explicación.



TAMÉN PUNTUALIZAR UN ERRO QUE HAI NA FOLLA DE PERÍMETROS E ÁREAS NUNHA FÓRMULA. SERÍA NA ÁREA DO TRAPECIO E A ÁREA CORRECTA SERÍA A SEGUINTE.

A = (B.b).h
                                                               ----------------
                                                                     2










EXPLICACIÓN SOCIAIS E NATURAIS


Bos días. Para os que non estivestes na videochamada deixo unha pequena explicación do que falei sobre o traballo de sociais e naturais.

SOCIAIS: expliquei basicamente o que vai na folla que pon explicación do que é cada un dos termos.

Se eu creo un negocio teño que INVERTIR cartos nel para abrilo. A partir de aí pode xerar BENEFICIOS (os cartos que gaño, descontando os gastos) ou PÉRDIDAS ( os gastos son superiores ao que ingreso).
Vou INGRESAR (cartos que gaño da venda dos productos) e GASTOS (luz, auga, alquiler, soldo traballadores...)
E finalmente podo ter AFORROS, que virían sendo uns cartos que eu destino para un imprevisto ou para unha inversión. Se eu teño un beneficio de 1000€, podería sacar 500€ que tería aforrados para necesidades varias e os outros 500€ para gastos da empresa.

En relación ao exercicio sobre poboación, pensade que hai varios motivos que conlevaron ao longo dos anos un aumento ou disminución da poboación. Esto último estamos a vivilo agora con esta pandemia, pero en anos anteriores pasaron máis cousas que provocaron iso.
Por outra parte, a poboación, se nos decatamos ben, está situada máis en grandes cidades ou en zonas máis costeiras (non polas praias). Hai algúns motivos que levan á poboación a moverse a esos lugares.

------------------------------------------------------------------------

NATURAIS

Tanto para os cambios de estado como para cambios físicos e químicos da materia habería que facer como un ANTES  e un DESPOIS, para demostrar ditos cambios.

Nos cambios de estado menos a sublimación, que vai ser bastante difícil facelo dos demais podedes facer calquera porque son moi sinxelos.

Igualmente pasa cos cambios físicos e químicos. MIrade ben porque estes últimos pódense facer con cousas que temos por casa, como por exemplo, nalgunha ocasión teño usado vinagre, bicarbonato e colorante vermello, para simular a erupción dos volcáns.

Xa por último no relacionado con circuíto eléctrico, co que se teña por casa intentade facer un circuíto e o que pide a actividade.



VEÑA MOITO ÁNIMO QUE O CONSEGUIREDES.

lunes, 25 de mayo de 2020

Traballo do 25 ao 29 de maio

Moi boas, nenas e nenos. Xa estamos chegando ao remate deste curso tan atípico, pero do cal creo que imos sacar cousas boas da vida. Solamente nos queda facer un último esforzo para acadar os nosos obxectivos.
Veña que estas últimas semanas nos sirvan para aprender e traballar xenial.


A continuación tedes dous documentos de matemáticas. Un é para mirar e estudar sobre áreas e perímetros de diferentes figuras. (debemos telo connosco para facer os exercicios) 
Despois tedes o de exercicios onde ides facer o seguinte: páx 1, ex.1; páx. 3, ex. 1; páx. 9, ex. 1. 

Teremos unha videoconferencia para explicar o relacionado con áreas e perímetros. 

OS QUE TEÑEN A MATERIA PENDENTE TAMÉN TEÑEN O TRABALLO CORRESPONDENTE CON ISO MÁIS ABAIXO. RECORDADE QUE NON DEBEDES DEIXAR DE FACER O DEMAIS PARA NON QUEDARSE ATRÁS NA MATERIA.

 

MATEMÁTICAS EXPLICACIÓN
MATEMÁTICAS EXERCICIOS

NATURAIS  (para facer durante os próximos 15 días)


ED. FÍSICA

Hola de nuevo, espero que todo vaya muy bien:

A partir del lunes tenemos las nuevas propuestas del área de Educación Física. Podéis encontrar toda la información, como siempre, el la página de la asignatura (www.edufis.ga).

Un abrazo. Antón.


INGLÉS: teredes unha nova unidade para que vaiades facendo.
              


MÚSICA

Hola a tod@s!!!
Esta semana que entra me gustaría que hicieses las corecciones posibles de los ejercicios que con cada un@ voy hablando. Por lo demás, desearos que estéis cada día mejor!!! Un abrazo a tod@s!!!
😍

IMPORTANTE: a semana pasada fíxemola máis light para que revisárades o que había atrasado e o fósedes facendo. Nalgún caso nin se mirou. 
Tamén comentar que o traballo non é para facelo rápido e mal, non vale de nada. Creo que un pouco de esforzo sería beneficioso para todos.
------------------------------------------------------------------------------------------

TAMÉN ENGADO AS TAREFAS DOS QUE TEÑAN MATERIAS PENDENTES. DEBEDES FACELAS CORRECTAMENTE E ENTREGALAS. 





LENGUA CASTELLANA REPASO

LINGUA GALEGA REPASO 

MATEMÁTICAS REPASO 

viernes, 22 de mayo de 2020

jueves, 21 de mayo de 2020

miércoles, 20 de mayo de 2020

lunes, 18 de mayo de 2020

PRESENTACIÓN


Boas tardes. Como falamos na videochamada imos ir preparando unha presentación para darnos a coñecer aos profesores/profesoras de ESO. É algo que se fai desde fai anos, e é para que vaian sabendo cousas sobre vós.
Cando se volva ás aulas, vós mesmos faríades a presentación para eles.

Para iso podedes utilizar calquer tipo de formato: power point, vídeo...

Podedes utilizar algunhas preguntas como as deste modelo que vos deixo ou engadir algo que vexades:

- QUEN SON? (nome e apelidos, idade, onde vivo...)

- ASPECTOS POSITIVOS NOSOS e UN ASPECTO NEGATIVO (se queremos poñelo)

- QUE VOS GUSTA FACER E QUE NON? PORQUE?

- QUE VOS GUSTA FACER NO TEMPO LIBRE?

- QUE VOS GUSTA MÁIS DO COLEXIO? (relacionado con todo o que abarca o colexio)

-  QUE PENSADES QUE VOS VAI COSTAR MÁIS DA NOVA ETAPA (ESO)? QUE É O QUE MÁIS VOS ASUSTA? 

- CON QUE PERSOA DA FAMILIA OU AMIGOS TE IDENTIFICAS? POR QUE?

- A QUE VOS GUSTARÍA DEDICARVOS NO FUTURO? QUE PROFESIÓNS VOS ATRAEN MÁIS?

- DEFINÍDEVOS NUNHA PALABRA OU ORACIÓN.


TODA ESTA PRESENTACIÓN DEBE SER VISUAL, CO CAL PODEDES UTILIZAR IMAXES, EMOJIS... 

NO CASO DE UTILIZAR UNHA IMAXE DALGUNHA PERSOA (FAMILIAR, AMIGOS...) PRECISARÍASE DUNHA AUTORIZACIÓN FIRMADA POLA PERSOA ONDE AUTORICE A UTILIZAR DITA IMAXE.



👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇

DATA DE ENTREGA: MÁXIMO O 7 DE XUÑO. (mandalo ao correo da aula)

👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆

PRIMEIRAS PISTAS.


Traballo semana do 18 ao 22 de Maio


Bos días. Esta semana imos a celebrar as LETRAS GALEGAS como ben vos dixen na videoconferencia anterior. Revisade as tarefas anteriores que quedan por facer (tamén vos dixen na anterior videoconferencia).

A carga de traballo será menor durante esta semana.

Desfrutade da semana.



MÚSICA
Hola a tod@s!!! Esta semana no os mandaré actividades nuevas, os contestaré a aquell@s a los que falten y corregiremos aquellos ejercicios que lo necesiten esperando vuestras contestaciones.
Un beso enorme, ojalá esteis bien!!! cuidaros mucho!!!😘


LENGUA CASTELLANA: déixovos un exercicio sobre escritura creativa que se queres facelo podedes enviarmo para revisalo.

DESCRIPCIÓN DEL EJERCICIO: Este ejercicio parte de la premisa “El taxista juró que se vengaría”. Imagínate un taxista (ponle nombre, edad, estado civil, familia, personalidad...) y responde a las siguientes preguntas: ¿De quién quiere vengarse el taxista? ¿Qué le han hecho para que quiera vengarse? Si el taxista finalmente emprende la venganza, ¿cuándo lo hará y cómo? Cuando el taxista lleva a cabo (o intenta llevar a cabo) su venganza, ¿qué ocurre? ¿Lo logra o fracasa?¿Qué consecuencias tienen sus actos?Una vez respondidas estas preguntas, haz una lista de los hechos en orden cronológico.
Piensa en cómo se siente el personaje en cada punto y analiza cuál es el mejor momento para empezar a contar la historia. Tómate tu tiempo, reflexiona sobre ello. Seguramente no funcionará tan bien al principio como en el instante anterior a vengarse, por ejemplo. Busca un punto con la intensidad dramática suficiente como para llevar al lector hasta el final y, cuando lo tengas, prueba a empezar ahí tu historia.

MATEMÁTICAS: rematar os problemas da ficha da semana pasada.   

OS QUE TEÑEN A MATERIA PENDENTE TAMÉN TEÑEN O TRABALLO CORRESPONDENTE CON ISO MÁIS ABAIXO. RECORDADE QUE NON DEBEDES DEIXAR DE FACER O DEMAIS PARA NON QUEDARSE ATRÁS NA MATERIA.



ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS: 

 SCAPE ROOM VIRTUAL

 ACTIVIDADES RICARDO CARVALHO CALERO


 

------------------------------------------------------

TAMÉN ENGADO AS TAREFAS DOS QUE TEÑAN MATERIAS PENDENTES. DEBEDES FACELAS CORRECTAMENTE E ENTREGALAS. 

MATEMÁTICAS   

LENGUA CASTELLANA

LINGUA GALEGA



domingo, 17 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020


HOXE É UN DÍA ESPECIAL PARA A NOSA COMUNIDADE AUTÓNOMA. CELÉBRASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. ESTE ANO É UN POUCO DIFERENTE PERO NON POR ISO O IMOS DEIXAR DE CELEBRAR.
O HOMENAXEADO DESTA EDICIÓN É:


RICARDO CALVALHO CALERO



lunes, 11 de mayo de 2020

TRABALLO DO 11 AO 15 MAIO

Hello childrens!!!!! How are you? 😂😂😂😂😂😂

Aquí comezamos de novo unha nova semana. Con moitas ganas de traballar e de levar a cabo as nosas tarefas. Unha vez máis anímovos a que as vaiades facendo para non perder a rutina de traballo. Todo isto será unha boa forma para afrontar da mellor forma posible a nova etapa que ides a vivir académicamente.

Durante esta semana tedes tarefas de repaso e documentos para ler e lembrarnos de cousiñas que xa traballamos anteriormente. 

Déixovos a continuación todo especificado coma sempre.

LENGUA 
LENGUA MODIFICACIÓN 👉👉👉 AQUÍ ESTÁ O TEXTO E PREGUNTAS CORRESPONDENTES, NO ANTERIOR DOCUMENTO O TEXTO E INCORRECTO XA QUE FOI FEITO FAI UNHAS SEMANAS, DESCULPADE AS MOLESTIAS 👈👈👈

GALEGO

PLÁSTICA

NATURAIS DOCUMENTOS LER
NATURAIS PREGUNTAS

                                                              👇👇👇👇
 MATEMÁTICAS  (FACER OS 5 PRIMEIROS PROBLEMAS)

👉👉👉 TAMÉN REMATAR AS FICHAS SOBRE SUPERFICIE, UNIDADES AGRARIAS E VOLUMEN QUE HABÍA NAS FICHAS DA SEMANA DO 14 DE ABRIL 👈👈👈


 ED. FÍSICA


MÚSICA


¡¡¡HOLA A TOD@S!!!

Esta semana me gustaría proponeros a  aquell@s que habeis realizado el ritmo de la semana anterior,  busqueis una melodía para él, como sabeis, una canción se compone de melodía y ritmo, el ritmo ya lo teneis, pues ahora ¡a por la melodía!. Si preferís hacerla con otro ritmo también podeis. Pasadlo todo a un pentagrama.

¡¡¡Un besiño!!!


RELIXIÓN: En Edixgal teredes novas cousiñas para traballar.

INGLÉS: En Edixgal teredes novas cousiñas para traballar. 


----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

TAMÉN ENGADO AS TAREFAS DOS QUE TEÑAN MATERIAS PENDENTES. DEBEDES FACELAS CORRECTAMENTE E ENTREGALAS.


MATE R.

LENGUA R. 

GALEGO R. 

INGLÉS R. 

martes, 5 de mayo de 2020

TRABALLO DO 5 AO 8 DE MAIO


Moi boas rapazas e rapaces. Como vai todo? Esperemos que todo xenial e que estedes desfrutando do tempo de xogo na rúa como o estamos a desfrutar tamén os adultos.
Comezamos unha nova semana, que tras o LUNS que foi non lectivo, imos facer unha serie de tarefas. 

Moito ánimo e a esforzarse a facelas ben. 

TAREFAS
MATEMÁTICAS 

Nas materias de INGLÉS e RELIXIÓN seguides co que hai en EDIXGAL. Mentres que en Ed. Física seguides co traballo que vos puxo a semana pasada.
 MÚSICA
¡ Hola a tod@s de nuevo!

Esta semana quería proponeros una nueva actividad, hacer un ritmo con algún objeto que pertenezca a vuestro entorno sonoro (casa, campo...) y escribirlo en un folio. Las claves para la actividad son:

    - Utilizar todas las figuras rítmicas y silencios que hayais aprendido.
    - Que el ritmo al menos contenga 8 compases.
    - Poner letra a ese ritmo.

¡¡¡ Un beso y espero que podais disfrutar del tiempo de paseo!!!


TAMÉN ENGADO AS TAREFAS DOS QUE TEÑAN MATERIAS PENDENTES. DEBEDES FACELAS CORRECTAMENTE E ENTREGALAS.

MATE REFORZO

LENGUA REFORZO

LINGUA REFORZO


E COLORÍN COLORADO, ESTES CURSO TAN "DIFERENTE" REMATA.

Bos días. Hoxe é un día de felicidade e tristeza a mesma vez. Por unha parte contentos de que este curso tan atípico remate para poder desc...