viernes, 29 de noviembre de 2019

25 DE NOVEMBRO


O 25 de novembro no noso colexio celebrouse o día da Violencia de Xénero.
Onde realizamos varias actividades, como por exemplo escribir unha frase motivadora, vir con algo morado ao colexio...

Algunhas das frases motivadoras foron:

- Se ti loitas, todas loitamos.
- Vamos muller non te rindas.
- Xuntas somos máis fortes xuntas acabaremos con isto.
- Sal da túa habitación que ninguén manda en ti.
- Non soportes máis.
- Vamos muller non te deixes caer na tentación.
- Ti eres a que decides.
- Ti podes acabar con isto.
- No te deixes caer no amor que te engana: 1º escóitao, 2º pénsao e 3º faino. 



viernes, 22 de noviembre de 2019

SAÍDA POLO POBO

O mércores día 20, fixemos unha pequena saída á casa da cultura.
Acompañáronnos os compañeiros de 4º, 5º e 6º tamén do noso centro e do CEIP Arzúa a ver unha obra de teatro, que nos gustou moito, pero non a rematamos de entender.
Pasámolo estupendamente!!!





viernes, 15 de noviembre de 2019

COÑECEDES OS NOSOS MOSAICOS


Na clase de plástica estivemos a traballar os mosaicos. 

Utilizamos trozos de papeis de xornal e revistas para 

confeccionalos.

Queredes velos? Son todos animais menos un que é un satélite 

amarelo. Intentádeos adiviñar todos!!! 













viernes, 8 de noviembre de 2019

Corte de pelo


A nosa mascota, "Manolito", pasou hoxe pola perruquería. Precisaba dun corte de cabelo. Mirade que guapiño quedou. 



 

O DESPOIS














martes, 29 de octubre de 2019

O Magosto


No día de hoxe celebramos o magosto. Mágoa que chovera, xa que non poidemos facer algunha das actividades. De todas formas desfrutamos nas aulas das ricas castañas e dos contos e representacións dos alumnos de Secundaria.



domingo, 27 de octubre de 2019

Saída a buscar castañas.


Hoxe luns, fixemos unha saída acompañando aos rapaces e rapazas de Infantil a recoller castañas. Foi unha sesión moi proveitosa, onde compartimos unha experiencia cos máis pequenos do colexio. Estamos esperando que chegue o mércores para degustar esas ricas castañas asadas.





viernes, 25 de octubre de 2019

Traballamos a Natureza


Na materia de Naturais, xunto cos compañeiros de 5º E.P. estamos a traballar os animais, plantas, células, os 5 reinos e os ecosistemas, por medio de maquetas e curiosidades que despois imos expoñer para todos.
Gústanos moito coidar da natureza e descubrir cousas novas sobre estos temas ¡¡¡¡¡¡






E COLORÍN COLORADO, ESTES CURSO TAN "DIFERENTE" REMATA.

Bos días. Hoxe é un día de felicidade e tristeza a mesma vez. Por unha parte contentos de que este curso tan atípico remate para poder desc...