Bos días. Aquí vos deixo unha serie de retos semanais que podedes ir facendo e compartir con todos os compañeiros.
E se vos propoño uns retos diarios? Animádesvos?
Eu sí...
MARTES: somos parte da historia...
Que vos parece se deixamos por escrito unha breve
redacción en galego ou castelán do que está a acontecer estos
días, as vosas rutinas, os vosos sentimentos, inquedanzas...?
Podedes gardala nunha caixiña ou nun lugar segredo e dentro dun
tempo podedes buscala e volvela a ler... como unha máquina do tempo.
MÉRCORES: somos uns artistas...
Hoxe estamos máis creativos que nunca...
poderiades facer un debuxo / composición con temática libre e con
materiais que teñades pola casa, materiais de refugallo...? Deixade
voar a vosa imaxinación, eu confío en vós, TODOS E TODAS
LEVAMOS UN XENIO DENTRO.
XOVES: é hora de xogar e aprender...
Que vos parece se inventamos un xogo para toda a
familia?
Escribide todas as regras e describide os materias
necesarios para xogar, fichas, taboleiro,...
VENRES: a fin de semana está pretiño e con ela o
tempo das lambonadas...
Podedes propoñer unha receita (doce ou salgada)?
Non esquezades anotar os ingredientes e as cantidades necesarias...
Ñam, ñam, ... XA ARRECENDE
Non esquezades que estes retos son suxestións,
se vos animades e queredes enviar fotos para compartir cos compis
enviádesmo e eu o subo ao blog de aula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario