lunes, 18 de mayo de 2020

PRESENTACIÓN


Boas tardes. Como falamos na videochamada imos ir preparando unha presentación para darnos a coñecer aos profesores/profesoras de ESO. É algo que se fai desde fai anos, e é para que vaian sabendo cousas sobre vós.
Cando se volva ás aulas, vós mesmos faríades a presentación para eles.

Para iso podedes utilizar calquer tipo de formato: power point, vídeo...

Podedes utilizar algunhas preguntas como as deste modelo que vos deixo ou engadir algo que vexades:

- QUEN SON? (nome e apelidos, idade, onde vivo...)

- ASPECTOS POSITIVOS NOSOS e UN ASPECTO NEGATIVO (se queremos poñelo)

- QUE VOS GUSTA FACER E QUE NON? PORQUE?

- QUE VOS GUSTA FACER NO TEMPO LIBRE?

- QUE VOS GUSTA MÁIS DO COLEXIO? (relacionado con todo o que abarca o colexio)

-  QUE PENSADES QUE VOS VAI COSTAR MÁIS DA NOVA ETAPA (ESO)? QUE É O QUE MÁIS VOS ASUSTA? 

- CON QUE PERSOA DA FAMILIA OU AMIGOS TE IDENTIFICAS? POR QUE?

- A QUE VOS GUSTARÍA DEDICARVOS NO FUTURO? QUE PROFESIÓNS VOS ATRAEN MÁIS?

- DEFINÍDEVOS NUNHA PALABRA OU ORACIÓN.


TODA ESTA PRESENTACIÓN DEBE SER VISUAL, CO CAL PODEDES UTILIZAR IMAXES, EMOJIS... 

NO CASO DE UTILIZAR UNHA IMAXE DALGUNHA PERSOA (FAMILIAR, AMIGOS...) PRECISARÍASE DUNHA AUTORIZACIÓN FIRMADA POLA PERSOA ONDE AUTORICE A UTILIZAR DITA IMAXE.



👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇

DATA DE ENTREGA: MÁXIMO O 7 DE XUÑO. (mandalo ao correo da aula)

👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆👆

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E COLORÍN COLORADO, ESTES CURSO TAN "DIFERENTE" REMATA.

Bos días. Hoxe é un día de felicidade e tristeza a mesma vez. Por unha parte contentos de que este curso tan atípico remate para poder desc...