viernes, 27 de marzo de 2020

MANUALIDADE FEITA POR UNHA COMPAÑEIRA


Moi boas rapaces e rapazas. Hoxe mostramos unha manualidade realizada pola vosa compañeira Noa, que quere compartila con todos.

Moitas grazas Noa por facer estes marabillosos broches.







E recordade:" Se hai que parar o mundo, párase. O que importa é que cando volva arrancar todos estemos aquí". 

Moito ánimo.


martes, 24 de marzo de 2020

Retos... Anímaste a facelos?


Bos días. Aquí vos deixo unha serie de retos semanais que podedes ir facendo e compartir con todos os compañeiros.





E se vos propoño uns retos diarios? Animádesvos? Eu sí...

MARTES: somos parte da historia...
Que vos parece se deixamos por escrito unha breve redacción en galego ou castelán do que está a acontecer estos días, as vosas rutinas, os vosos sentimentos, inquedanzas...? Podedes gardala nunha caixiña ou nun lugar segredo e dentro dun tempo podedes buscala e volvela a ler... como unha máquina do tempo.


MÉRCORES: somos uns artistas...
Hoxe estamos máis creativos que nunca... poderiades facer un debuxo / composición con temática libre e con materiais que teñades pola casa, materiais de refugallo...? Deixade voar a vosa imaxinación, eu confío en vós, TODOS E TODAS LEVAMOS UN XENIO DENTRO.


XOVES: é hora de xogar e aprender...
Que vos parece se inventamos un xogo para toda a familia?
Escribide todas as regras e describide os materias necesarios para xogar, fichas, taboleiro,...


VENRES: a fin de semana está pretiño e con ela o tempo das lambonadas...
Podedes propoñer unha receita (doce ou salgada)? Non esquezades anotar os ingredientes e as cantidades necesarias... Ñam, ñam, ... XA ARRECENDE


Non esquezades que estes retos son suxestións, se vos animades e queredes enviar fotos para compartir cos compis enviádesmo e eu o subo ao blog de aula.

miércoles, 18 de marzo de 2020

Mércores 18 Marzo 2020


Bos días rapazas e rapaces. Como levades estes días diferentes?

A continuación subo un documento con ditados en castelán que podedes facer coa axuda da vosa familia.

Á hora de correxilos podedes facer 5 oracións con cada unha das palabras mal escritas ou facer unha breve historia coas palabras erróneas. Se se vos ocorre algunha outra opción que se vos ocorra facédeo...

Moito ánimo e vémonos en nada.

Un saúdo.

DITADOS

viernes, 13 de marzo de 2020

viernes, 28 de febrero de 2020

⏪CESTA ENTROIDO⏩

♣️♣️ Boas a todos. Nós os alumnos de 6º E.P ímosvos a explicar a nosa cesta de entroido. Contiña touciño, fariña, azúcre ect. O mes de febreiro comezamos a vender rifas acompañados dos alumnos de 5º E.P ata o día que celebramos o entroido. Ese mesmo día tamén vendimos unhas poucas, sorteamos a cesta e a persoa agasallada xa a recibiu e levouna para a súa casa. MOitas grazas por colaborar ¡¡¡¡¡ ♣️♣️





Entroido coas familias

O sábado e o domingo fumos coas nosas  familias ao entroido na rúa.

O domingo 16 de Febreiro participamos  no concurso do entroido  de Arzúa, e gañamos o segundo premio!!!

Mentres que o sábado 22 de Febreiro tamén participamos polos establecementos do pobo,disfrazados de animais e de tribu, no concurso de AECA.
E.....GAÑAMOS O PRIMEIRO PREMIO.🎉🎭🎊

Mostrando IMG_20200216_162112.jpg







🏆🎉O ENTROIDO NO COLEXO🎉🏆



Nós no colexio disfrazámosnos por aula: Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º, 5º e 6º,1º da ESO, 2º da ESO e  3º da ESO.
Deixámosvos unha foto moi interesante para que vexades como iamos disfrazados.





                          

E COLORÍN COLORADO, ESTES CURSO TAN "DIFERENTE" REMATA.

Bos días. Hoxe é un día de felicidade e tristeza a mesma vez. Por unha parte contentos de que este curso tan atípico remate para poder desc...